Archivo del blog
18/10/22
DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR
O pasado 24 de setembro celebramos no cole o Día Europeo do Deporte Escolar. No Carballal, transformamos esa xornada nun día escolar adicado a divertirse, xogar xuntxs e promover a actividade física e a saúde para todxs. É unha celebración que nos brinda a oportunidade de fomentar a inclusión social e desenvolver as competencias sociais entre o alumnado.
A celebración deste día ten como obxectivos:
- Resaltar a importancia da Educación Física e do deporte nas escolas.
- Xerar diversión e disfrute a través da actividade física para a xuventude.
- Promover a saúde e o benestar para a aprendizaxe permanente.
Deixamos algunhas imaxes desta divertida mañá!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario