Archivo del blog

17/6/25

CHARLA "NORMAS DE BALONCESTO"

Recibimos a visita de tres grandes árbitro da federación viguesa de baloncesto, que pese á súa xuventude levan unha gran experiencia enriba das súas costas. O alumnado de primaria estivo moi atento ás súas explicacións e aprenderon moítisimo sobre a signación con xestos das diferentes violacións ademais da importancia do respecto aos árbitros, compañeiros e contrarios e os valores do deporte.

SOMOS DEPORTISTAS - CICLISMO EN INFANTIL

Dentro do marco dos obradoiros levados a cabo durante este trimestre, os peques de infantil convertíronse en grandes ciclistas da man de unha promesa de ciclocros como é a xoven Laura Miras que nos acompañou durante esta xornada amosandonos a grandeza deste deporte.

20/5/25

"SOMOS DEPORTISTAS" FÚTBOL GAÉLICO

Dentro do proxecto "Somos deportistas", o alumnado de 5º e 6º de primaria están a investigar sobre o Fútbol Gaélico. Un deporte descoñecido por agora, para eles e elas pero que empeza a gustar moito. Esta semana tivemos a visita de Jorge, que foi xogador, adestrador, directivo e incluso árbitro desta divertida actividade. Parte práctica moi participativa e intensa!!

"SOMOS DEPORTISTAS"

Xornada de bicicleta, hoxe para educación infantil da man do C.C. de Teis. Dentro do obradoiro "Somos deportistas", o alumnado converteuse en ciclistas este trimestre. Aprender normas de circulación, medidas de seguridade, partes da bici son algúns dos obxectivos que estamos a conseguir.

8/4/25

6º XOGA A VOLEI

Gran xornada de voleibo no ifevi compartindo a experiencia con outros coles! O alumnado de 6º estivo a moi gran nivel, amosando gran deportividade e compañerismo!

INICIACIÓN AO ATLETISMO EN PISTA

O alumnado de 4º de primaria ven de participar nunha xornada lúdica de "Atletismo en pista" compartindo unha sana competición con alumnado doutros centros educativos. Fixérono xenial!!

14/3/25

COÑECEMOS O BEISBOL

Moi productiva a xornada de beisbol na sesión de Educación Física de 4º de primaria. Encantados/as de practicar deportes novos!!